TEMA 7: RESPOSTA FÍSICA TOTAL


Ola! Déixovos a miña presentación sobre a resposta física total, do tema 7.

Comentarios

  1. Ola, Alejandro! Paréceme moi interesante este método xunto coa presentación da nosa compañeira Blanca. En canto á túa, en todo momento se me viña a cabeza un tema que agora está moi de moda: a linguaxe de signos para bebés. Creo que xa o comentaches na presentación, pero, evidentemente terán bases científicas similares; ti que pensas? E canto a todos os métodos que existen, considero que deberiamos estar ao tanto de todos e empregar e mesturar os máis convintes segundo o noso alumnado. Saudiña!

    ResponderEliminar
  2. Ola, Tais! Eu creo que a lingua de signos en bebés é outra cara da mesma moneda. Se a resposta física total está centrada na COMPRENSIÓN e pensada para persoas que aprenden unha lingua estranxeira pero que son moi principiantes , creo que o beneficio de ensinarlle linguaxe de signos aos bebés é a EXPRESIÓN. Así, pódense comunicar connosco antes de que desenvolvan a capacidade de fala. Estou seguro que este tipo de comunicación axuda a que falen antes; tal e como comentei na presentación a asociación entre xestos e palabras pode ter moitos beneficios para aprender con máis efectividade.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Presentación 3,2,1