Esta é a miña entrada correspondente ao Tema 2, na que decidín realizar unha ampliación da docencia sobre o Marco Común Europeo de Referencia.
Aínda que non eramos conscientes, a nosa xeración comezou a estudar
baixo o modelo do MCER, xa que se publicou oficialmente no ano 2001. E se hai
un concepto do que a rapazada que ía a academias de idiomas (non me inclúo, pero
escoitaba aos meus compañeiros e compañeiras) era o de listening, speaking,
reading e writing. Non cabía dúbida de que eran os catro alicerces
da aprendizaxe de linguas. Tíñao tan interiorizado que nunca me atrevera a cuestionalo.
O peor é que cando cho explican ten unha lóxica bastante convincente: temos dous
planos, o oral e o escrito. Polo tanto, dentro do oral hai que saber entender
(listening) e saber producir (speaking). Na escrita hai que saber entender (reading)
e saber producir (writing).
Ai! A miña cara cando vin a Estrutura do esquema descriptivo do MCER:
Onde foron as 4 skills ou destrezas? Chamoume tanto a atención a estruturación
actual que decidín investigar o que se denominan as actividades comunicativas
da lingua: comprensión, expresión, interacción e mediación.
Comecemos por unha breve contextualización. Efectivamente, no Volume Complementario
do Marco Común Europeo de Referencia para las Lenguas: Aprendizaje,
Enseñanza, Evaluación, (2020) establécese un novo esquema descritivo do
marco (a figura 1). O argumento é que «o modelo tradicional das catro destrezas
(comprensión oral, expresión escrita, comprensión de lectura, expresión
escrita) considérase cada vez máis inadecuado á hora de captar a complexa
realidade da comunicación [...] A organización do MCER está máis próxima ao
uso da lingua na vida real, que se baseA na interacción na que o significado
coconstrúese». Vaia, que as catro destrezas son cousa do pasado. Polo tanto,
vou realizar unha síntese das novas actividades: comprensión, expresión,
interacción. Centrareime un pouco máis na mediación xa que supón
maior novidade e resultoume máis interesante.
COMPRENSIÓN
Figura 2 :Estrutura das actividades de comprensión
EXPRESIÓN
INTERACCIÓN
MEDIACIÓN
o
Transmitir
información específica:
Consiste en extraer información relevante do texto meta e transmitila.
Entre os conceptos clave está transmitir información sobre horarios, prezos,
lugares a partir de documentos escritos; transmitir indicacións e instrucións e
transmitir información específica de textos máis longos.
o
Explicar
datos:
Consiste en transformar a información atopada en figuras nun texto verbal. Entre
os conceptos clave está describir material gráfico sobre temas coñecidos;
presentar tendencias nun gráfico; comentar gráficos de barras e seleccionar e
interpretar a información máis relevante presentada nun gráfico.
o
Resumir
e explicar textos:
Consiste en comprender información no texto fonte e transmitilo a un texto
máis resumido. Implica resumir a información principal, extraer información e
argumentos de distintas fontes e identificar o propósito e o punto de vista do
texto orixinal.
o
Traducir
un texto escrito
Facilitar de xeito espontáneo unha tradución oral dun texto escrito. Os
obxectivos son dar unha tradución aproximada, captar a información esencial e
os matices (en niveis superiores). Coma graduado de tradución gustaríame destacar
a súa similitude coa tradución á vista, unha técnica de formación moi popular
no eido da interpretación simultánea.
o
Tomar
notas
Considérase que é unha habilidade fundamental na vida académica e profesional.
Entre os conceptos clave, destaca a tipoloxía textual, os aspectos relacionados
co orador, o xeito de toma de notas e a exactitude das anotacións.
o
Expresar
unha reacción persoal a textos creativos
Consiste en describir o efecto que unha obra provoca no individuo: explicar
o que lle interesou, describir os personaxes ou emocións, interpretar a obra.
o
Analizar
e criticar textos creativos
É un enfoque máis habitual no ensino superior, con reaccións máis formais e
intelectuais. Por exemplo, comparar obras, expresar unha opinión razoada sobre
unha obra ou realizar unha avaliación crítica, por exemplo.
A segunda categoría é mediar conceptos. Refírese ao proceso de facilitar coñecemento e conceptos a quen non poida acceder a eles por si mesmo. É un alicerce do ensino, da titorización, da aprendizaxe e do traballo colaborativo. A mediación de conceptos ten unha naturaleza dual: implica a construción e elaboración do significado a nivel individual pero tamén facilitar e estimular condicións adecuadas para o intercambio e desenvolvemento do coñecemento. Pode adoptarse a perspectiva da colaboración ou do liderazgo nun grupo:
o
Colaborar
nun grupo
§ Facilitar a interacción colaborativa entre
compañeiros
O obxectivo é que o alumnado colabore mediante a xestión consciente do seu
papel e das súas contribucións e que oriente activamente o traballo no grupo
mediante preguntas, intervencións e quendas de palabra.
§ Colaborar na construción de coñecemento
Basicamente é como se promoven aportacións e ideas como membro dun grupo:
construír ideas en conxunto, distribuír as tarefas, pedir explicacións ou
resumir a situación e decidir os seguintes pasos.
o
Liderar
o traballo en grupo
§ Xestionar a interacción
Nesta situación o alumnado ten que liderar a actividade comunicativa: dar instrucións,
xestionar a comunicación ou reorientala mediante intervencións e apoiar a
comunicación do grupo en función das súas necesidades.
§ Facilitar o discurso para construír o
coñecemento
Implica fomentar que outra persoa constrúa un novo concepto de xeito activo
formulando preguntas para estimular o razoamento lóxico e organizando as
intervencións nun discurso lóxico e coherente.
A terceira e última categoría é mediar a comunicación. Céntrase (aínda que non se limita) aos encontros persoais. Son situacións nas que hai que facilitar a comprensión ou moldear a comunicación dun xeito adecuado entre usuarios que parten de posturas diferentes, xa sexan individuais, socioculturais, sociolingüísticas ou intelectuais. Ten tres subcategorías:
o
Facilitar
o espazo para o entendemento pluricultural
É a capacidade para afrontar a «otredade»: usar preguntas e interesarte
para comprender perspectivas culturais alleas, respectar estas culturas e
tratar os malentendidos que xurdan de diferencias socioculturais.
o
Actuar
coma intermediario
Aseméllase á actividade de interpretación pero non é profesional, é unha
mediación na que o usuario plurilingüe media entre linguas e culturas en situacións
informais dos ámbitos público, persoal, educativo ou profesional. Pode
comunicar o sentido do discurso e transmitir información importante.
o
Facilitar
a comunicación en situacións delicadas ou de desacordo
Aquí o usuario/a media en desacordos entre terceiras partes, nos que
explorará de xeito consciente as distintas perspectivas, establecerá puntos de
acordo e de consenso e logrará un cambio na perspectiva dun ou varios
participantes para conseguir un acordo.
Creo que non se poden resumir mellor 70 páxinas do volume comprementario. Espero que vos sirva de axuda! Deixádeme un comentario se vos parece que esta estrutura é mellor ou peor que a de listening, speaking, reading e writing!






Moi boas, Alejandro
ResponderEliminarAcabo de ler a túa entrada e a verdade é que coido que fixeches unha moi boa síntese do Volume Complementario. Para min, cando estaba estudando no instituto, as clases de inglés estruturábanse nos catro alicerces da aprendizaxe das linguas e de aí non saiamos. O caso, e o que me parece máis curioso, é que nunca reparara nin me fixeran reparar nesa lóxica estruturación en dous planos oral e escrito. Cando mo explicaron á hora de facer os exames na Alliance Française si que me pareceu bastante lóxico e nunca me parei a analizalo nin a pensalo críticamente.
Certo é que estou de acordo contigo cando comentas que a «nova» estruturación do MCER está máis próxima ao uso da lingua na vida real xa que se basea na interacción na que se construe o significado.
Unha entrada moi interesante e clara :)