No tema 3 da materia de Didáctica da Ensinanza das Linguas Estranxeiras familiarizámonos coas estratexias de comunicación. O día 9 de xaneiro foi a primeira aula que tivemos, e comezamos o tema abordando o concepto da mediación e as actividades vinculadas a esta. Para comezar, definimos distintos termos relevantes: mediación, plurilingüísimo, enfoque orientado á acción e co-construción do significado.
- Mediación: resolución dalgún tipo de problema lingüístico a través dunha ponte entre dúas persoas. Pode ser interlingüística, intralingüística, etc...
- Plurilingüísimo: empregar coñecementos dunha lingua para aprender outra, relacionalos.
- Enfoque orientado á acción: proceso ensino-aprendizaxe que se centra en facer para aprender. Facendo outras cousas coa lingua aprendemos a lingua.
- Co-construción do significado: construír conxuntamente o significado cando se usa a lingua.
Despois, analizamos como dentro do MCER non hai 4 destrezas (comprensión
oral, expresión oral, comprensión escrita e expresión escrita), nin 5 (as anteriores
sumándolles a mediación), senón que hai catro modos de comunicación:
Tamén realizamos unha clasificación do tipo de actividades de mediación que existen:
- Lingüístico / textual - reformulación, cambio de código, de escrito a oral, cambiar xéneros, modos
- Conceptual - Proceso polo cal se adquire coñecemento, interacción social, desenvolvemento da cognición (tamén chamado pedagóxico)
- Social / cultural - resolución de conflitos
Concretamente, dentro da mediación textual falamos de tres elementos a mediar: a mediación verbal, a mediación visual ou multimodal e a mediación cultural:
- Mediación verbal: pode ser interlingüística ou intralingüística.
- A mediación visual ou multimodal. A visual implica a transmisión dunha información nun texto visual. A multimodal implica transmitir información de textos multimodais, é dicir, que teñen elementos visuais, verbais, sonoros, etc.
- A cultural pode ser intracultural ou intercultural.
Para rematar coa teoría, falamos dos tipos de actividades de mediación que é común que se utilicen na clase:
- Transmitir información específica
- Explicar datos
- Resumir e explicar textos
- Conceptos
- Comunicación
Por último, dividímonos en grupos para analizar unhas actividades de
mediación xa deseñadas.
O día 12 realizamos nós mesmos unha actividade de mediación en grupo, que
presentamos ante a clase. Concretamente, eu formaba parte do grupo 3 (con Pablo
e Tais). Nós pensamos en crear unha actividade coa maior transferencia posible
a unha situación da vida real: comunicarlle aos nosos hipotéticos amigos non
francófonos información sobre unha carta de restaurante en francés.
Esta actividade é de mediación verbal lingüístico-textual. O alumnado terá
que reformular un texto escrito (unha carta dun restaurante); é dicir, pasar de
código escrito a oral. Relaciónase co obxectivo de mediación xeral do nivel B1:
Selecciona e transmite información específica e relevante de folletos,
instrucións, cartas, etc, relativo á transmisión de información específica.
Esencialmente, repartimos aos alumnos en grupos de catro, e cada un deles
tiña que observar a carta e seleccionar certa información específica. O
primeiro tería que recomendarlle un prato a unha persoa alérxica ao pescado,
que non lle gusta a pasta e que quere probar un prato tradicional francés, por
exemplo.
Evidentemente, escollemos unha carta real dun restaurante francés:
A continuación, falamos das actividades de comprensión oral e escrita. O que máis me chamou a atención foi a diferenciación que realizamos entre a lectura ou escoita extensiva e intensiva. Basicamente, a comprensión extensiva é dun documento de maior tamaño: un libro ou unha serie, por exemplo. Este tipo de actividades non se adoitan facer na clase, xa que levan moito tempo. Nós centrámonos máis no intensivo, é dicir, traballar con textos de menor lonxitude dun xeito máis profundo.
Despois, falamos de tipos de actividades de comprensión que podemos
realizar: skimming (captar ideas principais), scanning (buscar unha
información concreta), identificar opinións, comprender instrucións, entender vocabulario...
De novo, deseñamos unha actividade de comprensión en grupos. Eu volvín traballar con Pablo e con Tais. Cabe mencionar que, aínda que deseñamos unha actividade de comprensión escrita, non nos limitamos a formular esta actividade dun xeito illado. Fixemos unha proposta de como combinar a comprensión escrita dun texto coa comprensión oral dun vídeo e cun debate. O tema sobre o que xira todo é a igualdade de xénero e o papel das mulleres no deporte profesional. Polo tanto, introducimos ao alumnado esta idea a través dun vídeo:
Este vídeo sírvenos para introducir o tema, captar a atención do alumnado e, ademais, facer unha comprensión oral extensiva. O alumnado está exposto a un vídeo de 9 minutos no que non ten un obxectivo específico, simplemente serve para introducir o tema da igualdade de xénero e para que o alumnado estea exposto á lingua estanxeira.
Despois,
dariámoslles o texto escrito, que é onde comeza a comprensión escrita (aínda
que non é o único que se traballa).
Este texto poderíase explotar de moitas formas:
- Por quendas, lerase o texto en voz alta para así practicar a pronuncia en español.
- Por parellas buscarán vocabulario específico para logo comentar en clase e así axilizar a comprensión do texto.
- Individualmente contestarán as preguntas de maneira escrita.
Por último (aínda que máis ben é unha actividade de expresión), é moi
interesante realizar un debate sobre o deporte, as mulleres no fútbol, a
igualdade de xénero, etc...
Con respecto ao tema 3, rematámolo o día 17 coas actividades de expresión e
interacción oral e escrita. O que me pareceu máis relevante foi que falamos de
como deberían ser as actividades que deseñemos neste ámbito. Por exemplo, insistiuse
moito en que debemos darlle prioridade á expresión oral na clase, xa que é a
única contorna na que a poden practicar.
Entre os exemplos que tratamos, falamos de que as actividades de expresión
escrita deben ser breves: chats, anuncios por palabras, reseñas, contos,
haikus, blogs interactivos, narrar experiencias, escribir correos... Tamén
deben ter un propósito real e estar relacionadas coa súa contorna. Tamén é un
factor que motiva ao alumnado que o que van crear teña un público.
Con respecto á expresión oral, seguimos insistindo na súa importancia na clase de
linguas. Algunhas das ideas de actividades que demos son: Diferenzas entre
imaxes, debates, concursos de tv, presentación, xogos de rol...
En conclusión, gustoume moito o tema 3 porque tivemos unha parte teórica na que se nos facilitaron moitos conceptos moi útiles para o noso futuro como docentes. Ademais, tivemos a oportunidade de crear diversas actividades para clase. Isto ten moita utilidade xa que podémonos guiar por elas cando teñamos que facelo nunha situación real co noso alumnado. Ademais, nas diapositivas temos moitos exemplos de ideas para facer tarefas moi diversas.
Ola! Pareceume moi interesante a túa entrada. Gustoume como combinas a explicación teórica (ben completa) por unha banda xunto co deseño da actividade práctica por outra. Eu son das que defenden que non hai explicación teórica completa se non vai acompañada dun exemplo práctico co cal poidamos visualizar e comprender ben o tema. Resúltame sorprendente que malia termos estudado linguas estranxeiras durante moitos anos desde a primaria nunca ou case nunca désemos con esta clase de actividades
ResponderEliminarOla, Alejandro! Pareceume moi interesante a túa entrada e moi visual para así mostrar todo o que realizamos o longo deste tema. Un pracer facer contigo todas as tarefas que deseñamos. Por unha banda, a tarefa do resturante creo que é moi interesante á hora de pór en práctica a mediación e, sobre todo, a aprendizaxe significativa. Por outra banda, a tarefa de comprensión escrita creo que foi unha boa oportunidade para fomentar a igualdade de xénero na aula. Saúdiños! :)
ResponderEliminar